poesías

 

 

 

 

 

 

 

 

Lembro,

porque o home rudimentar

vivindo en miñas profundas covas

foi dedicado a chamar-lle avermellada

en miñas pálpebras pechadas.

 

Antes historia comezou

esta dor moderno

non inventara a mentira,

ou tristeza ou soidade,

ata que o lume nos seus ollos

Eu cambiar todo.

 

E o amor evolucionou

só para que, ao longo

cronometrar o home da miña

covas andar eretos

con dúas pernas que conducen

calquera parte deste mundo.

 

 

 

 

ARCO DA VELLA

O arco da vella

no ceo subido
co seu colorín,
co seu colorido.                           
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.
 
O arco da vella

no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.
 
O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.
 
O arco da vella
de luz feito é.
¡Resulta un milagre
que siga de pé!


 

                             (Manuel María: Os soños na gaiola)

 

 
 
 

 

 

 

 

O RATO E MAILA LÚA

 


UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-NUNCA REPARAS EN MIN;
POR ESO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.

ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR.
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.


POLO DESPREZO DA LÚA,
O RATIÑO ALPORIZADO,
BERROULLLE CON MOITA FORZA:
- XA NON ESTOU NAMORADO!



 

 

Antonio García Teijeiro. "o libro dos cen poemas".

 

 

Los enamorados

 

 
ÉRASE QUE SE ERA,
EN UNOS TIEMPOS DE GUERRA,
UNA PRINCESA, LLAMADA TERESA,
VIVÍA EN UN CASTILLO AL LADO DE LA IGLESIA.
UN CABALLERO VISITÓ A LA PRINCESA,
Y LOS DOS JUNTOS PASEARON POR LA ALDEA.
DESPUÉS DE UN RATO DE PASEAR,
LOS DOS JÓVENES SE ACABAN DE ENAMORAR.
CORRIERON AL CASTILLO A CONTÁRSELO AL REY,
PERO EL REY NO LES DE JÓ PORQUE ASI ERA LA LEY.
PERO DESPUES DE DISCUTIR,
EL CABALLLERO LE HIZO AL REY PERMITIR,
QUE ÉL Y LA PRINCESA SE CASARAN,
Y UNA GRAN BODA CELEBRARAN.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VEN ONDA NÓS O OUTONO

 



VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;

NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.

SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE

ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.



ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”
.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A LUA PERDEU O SONO

 


A LÚA PERDEU O SONO.
NON O ATOPA POR NINGURES.
MAL SABE A LÚA LUADA
QUE A LÚA CON SONO,
NON É NADA.
NON É NADA.




Gloria Sánchez."Fafarraios"
.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O conto

dos castiñeiros,

dura moitos,moitos anos.

O conto

dos cipreses

meses.

O conto

da mazá

dura toda a sema.

O do feixón

un día.

O da amora

unha hora.

O do chícharo

un instante.

E o da granada

nada.

 

 

 

 

 

 

Teño o corazón senlleiro, de Celso Emilio Ferreiro (Escolma poética, il. Baldo Ramos)

TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO
Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…
Ela fía i eu confío
no albor do novo día.
Para guardar
o bigote dun rato.
a cáscara
dun pichón.

 

 

 
 

 

 

                              

     O NENO E O XABARÍN

 
 
-XABARÍN, XABARÍN
QUE FAS NO MEU XARDÍN?
 


- BUSCO UN BRINQUEDO
NESTE LINDO ARBOREDO.
 
 
-BRINQUEMOS NO ARREDOR
A XABARÍN E CAZADOR.
 
 
-EU NON GOSTO DA GUERRA
SÓ QUERO PAZ NESTA TERRA.
 
 
- XABARÍN, XABARÍN
TOCARÁS NO MEU VIOLÍN?
 
 
-NESTE LUGAR DE SOIDADE
FAREMOS A NOSA AMISTADE .
 

 

XOSÉ LOIS GARCÍA.”A figueira lingoreteira”.

 
 
 
 
 
 

para gardar

                                                                                            o bigote dun ratón

                                                                                                 a cáscara

                                                                                               dun piñon.

 

 

Para guardar

as burbuxiñas dun peixe,

a cáscara

de unha noz.

 

Para guardar

as horas do día,

a cáscara

de sandia.

 

Para guardar

un pouco de todo,

a cáscara

de coco.

 

 

 

 

 

 

 

 

O PASPALLÁS E O SOL

 




DÍXOME O PASPALLÁS


CANDO PASEI O RÍO


QUE NON SAÍA O SOL


POR MOR DE QUE VAI FRÍO.




EU MANDEILLE UN ABRIGO


DE CUNCHIÑAS DO MAR


PARA QUE SE ACOCHASE


E SAÍSE A PASEAR.




E O SOL SAIU TAN FORTE


QUE O PASPALLÁS VOOU


E ENTRE MOITAS FOLLIÑAS


CO MEDO SE AGOCHOU.



 

ANISIA MIRANDA."Cantarolas".

 

 

 

 

 

 

 

DON OUTONO RI

 

Don carballo chora landras

 

na amencida.

 

E don Outono baballa

 

néboa fría.



 

Don Labrego, de sombreiro,

 

aplaude a don Castiñeiro

 

con variña de abelaira.



 

E don Ourizo da chaira,

 

como non se ten coa risa,

 

cáenlle dentes de castaña.



 

HELENA VILLAR E XE´SUS RÁBADE."Dona e Don"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                          

 

 

NO MES DO AMOR, UN POEMA DE BICOS:

 



Un bico porque

                                                  si

Un bico porque

                    non

Un bico coma o

                    lume

Un bico cora-

                    zón

Un bico porque

                    re

Un bico porque

                    dó

Un bico porque

                    la

Un bico porque

                    sol

Un bico dó re

                    mi

Un bico acorde-

   ón

       Un bico dó si

                           fa

       Un bico percu-

                           sión

       Un bico porque

                   si

               Un bico, por que

                    non?

 

                         ( ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO )


 






 

 

 

 

 

 


 

 

LERIA.A ORELLA

 

ORELLA PENDELLA

VAI Á LEÑA,

SE NON VÉS DE HORA

DURMIRÁS FORA

COS CANCIÑOS

DA TÚA DONA.

 

M.BARRIO.E.HARGUINDEY.”Lerias e enredos para os más pequenos”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
HABÍA UNHA VEZ UN CATIVO
 
NUN CASTIÑEIRO SUBIDO
 
DEBULLANDO UNHA CASTAÑA,
 
E DE CONTARCHE ESTE LÍO
 
XA SE ME FORON AS GANAS.
 
 
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Man morta,

                                                                                                               pecha na porta.

 

 

 

 
 
 
 
 

XOGO

 
- ¿Como te chamas?
- Comecastañas.

 
- ¿E de apelido ?
- Caldo cocido.

 

 

 

 

 

 

 

 

O ARCO DA VELLA

 
 
O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín,
co seu colorido.                           
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.
 
O arco da vella

no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.
 
O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.
 
O arco da vella
de luz feito é.
¡Resulta un milagre
que siga de pé!



 
 
 
A pombiña branca
quería ir á escola.
Mercou catro libros
un lapis e goma.
 
Gloria Sánchez 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NON QUERO SER PRÍNCIPE

 
NON QUERO SER PRÍNCIPE
QUE QUERO SER RA,
PATIÑAS LIXEIRAS
E LAMA NA MAN.
 
 
NON QUERO SER PRÍNCIPE
DE BRANCO CABALO,
NIN VER Á PRINCESA,
NIN TER UN CRIADO.
 
 
NON QUERO SER PRÍNCIPE
QUE ANDE ÁS BATALLAS,
QUE DURMA NA CÁRCERE
DAS ALTAS MURALLAS.
 
 
EU QUERO O SILENCIO
DA LAGOA ESCURA,
CROAR CADA NOITE,
SOÑAR COA ESPESURA.
 
 
EU QUERO A LENTURA
DA ERBA ESQUECIDA,
O ULIDO DAS FLORES
NUNHA AMAÑECIDA.
 
 
NON QUERO SER PRÍNCIPE
DE SEDA TAPADO,
NIN LEVAR ESPADA
NIN USAR CALZADO.
 
 
¡DEIXÁDEME LIBRE
QUE QUERO SER RA,
QUE AS AUGAS ME FALEN
DO QUE HAI MÁIS ALÁ!



 

 

 

 

 

 

 

 

OS LAGARTOS

 
OS LAGARTOS VAN MARCHAR
E CHORAN DESCONSOLADOS;
SEN CANCIÓN VERDE XA QUEDAN
AS PEDRIÑAS DOS VALADOS.
 
 
 
¡AI, LAGARTOS,MEUS AMIGOS,
VERDE CANTAR DAS PAREDES,
NO LOMBO E MESMO NOS OLLOS,
COR DE CAMPO E LAMA TEDES.
 
 
 
LAGARTIÑOS, NON MARCHEDES;
MIRADE QUE AHÍ VEN O SOL,
CO SEU FEIXIÑO DE RAIOS
FARAVOS UN COBERTOR.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A NEVE E O SOL

 

A NEVE E O SOL CASARON
EN MAÑANCIÑA DE ABRIL,
ELA VESTIDA DE BRANCO
CON PERFUME DE XASMÍN
EL CO SEU METAL BRILLANTE
DE TROMPETA E DE CLARÍN.

FOI NA PRAIA DOS LAGARTOS
ONDE SE DIXERON O SI.

E BAIXARON POLAS LAXAS
AQUEL DÍA TAN FELIZ
AUGAS CANTAREIRAS,LIMPAS
COMO UN SÓ DE VIOLÍN.

HELENA VILLAR JANEIRO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACOL

 
CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡PON ÓS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ERES TAN FRIOLEIRO!

O LOMBO LÉVA-LA CASA,
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡E DEIXAS CINTAS DE SEDA
ENGALANANDO O CARREIRO!

CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLÓN:
¡PON OS TEUS CORNOS Ó SOL
Ó SOL OS TEUS CORNOS PON!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Canta a fontiña

 

CANTA a fontiña
canta a fontela
i anque a canción é dela
ten unha cousiña miña
pola que podo entendela.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NÉBOAS

 

PORTOMARÍN
TEN UN ARCO REDONDIÑO
PARAQUE XOGUE Ó PASEMISÍ
A NÉBOA DO MIÑO.
O RÍO,Ó SENTILA PASOMISAR,
ENTOA BAIXIÑO O MESMO CANTAR. 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
POLOS ALTOS
DO POUSADOIRO
ANDA UNHA NENA
CUN ZOSCADOIRO
PARA ZOSCARLLE
Ó VENTO NORDÉS,
PORQUE LLE PUXO
O PARAUGAS DO REVÉS
E MOLLOUNA TODIÑA
DA CABEZA ÓS PES.

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
A BIBLIOTECA DA ESCOLA
Por si alguén o dubida
na biblioteca escolar
poden facerse amigos
tan só con abrir ó azar
as follas de calquera libro:
un pirata, unha illa, o mar,
un cofre misterioso
que axiña hai que enterrar,
unha princesa enfeitizada
por unha bruxa malvada,
un ogro cruel que encrespa a pel
ou unha toupa que atopa un anel
máxico que a volve invisible.

Nos libros, que o saibades, todo é posible.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CHOVENDO A MARES

 



CANDO CHOVE
 
NAS MEIXELAS
 
CORREN PINGAS
 
POLA TERRA.




 
CANDO CHOVE
NOS OUTEIROS
BAIXAN RÍOS
ALGAREIROS.

 
CANDO CHOVE
NOS PENEDOS
APARECEN
CERTOS MEDOS.
 
CANDO CHOVE
NOS SOLPORES
NACEN MORNOS
OS AMORES.
 
CANDO CHOVE
NO CANTIL
DORME MAIO
CON ABRIL.
 
CANDO
CHOVE
CHOVE
CHOVE
AS GAIVOTAS
NON SE MOVEN.
 
CANDO
CHOVE
CHOVE
CHOVE
ATA OS PEIXES
DIN QUE CHOVE.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

libros de poesías

 

Vaia tropa!

 

Antón Cortizas

 

 

 

A todos os tolos e a todas as tolas de amar.

 

PROLÓGO

querido lector,
 querida lectora
estás ante un libro
 pasado de moda.
 
non deixa de ser
como unha manía,
pretender que lea
a xente poesía.
 
como din que a letra
con sangue e a que entra,
pensei escribir
con sange os poemas;
pero desistín
porque me mareo
cando vexo o sangue,
e máis se está fresco!
(o sange een morcilla
non me fai efecto,
tampouco en filloas
me causa tormento.)
 
entón pra que che entren
cun pouco de xeito
lerás as poesías
de modo diverso.
 
para leres algunhas
(que e truco de vello)
terás que poñer
o libro de esguello.
 
asi, chusca un ollo
e leas sen medo
(se chiscas os dous
o verás todo negro)
 
para outras precisas
usar un espello
e así poder ler
do verso o reflexo.
 
en outras poesías
coa imaginación
podes atopar
O tolo en cuestión.
 
Como non e cousa
de poñer so letras
laguen debuxou
algunhas caretas.
 
E como os debuxos
están contrafeitos
usarás o espello
para velos con xeito.
 
Se así se consegue
cousa divertida quizabes che agraden
esras fantasías.
 
Todas elas falan
De xente rariña,
Inda que as veces
Máis rara e a vida.
 
Mais hai un intruso
No medio de todos
Que ben que o pareza
Nada ten de tolo.
 
En fin, diferentes  
Son estas tolemias,
Se algunhas che gustan
Dounas por ben feitas.
 
E despois de as leres,
Convido a que inventes
Algún compañeiro
Para toda esta xente.
 
Máis nada, que gustes.
Asinado: o autor,
(non sei se estou tolo
ou algo peor).
 
 
 
 
 
 

 

                                                   e unha canción antiga, pero e o mismo porque separecen.

 

                                                                                           UN LOBITO BUENO

                                                

Érase una vez

un lobito bueno

al que maltrataban 

todos los corderos.

 

Y había también

un príncipe malo,

una bruja hermosa

y un pirata honrado.

 

Todas estas cosas

había una vez.

Cuando yo soñaba

       un mundo al revés.